Como sabedes teño un servidor de Plex no que teño todos os capítulos dispoñibles para ver online. Ata agora con que crear unha conta (de balde) e enviarme un correo para que che poidera convidar as miñas bibliotecas era suficente pero hai cambios importantes.
Este aviso é para informarvos duns cambios recentes nas políticas globais de Plex que poderían afectar á vosa forma de reproducir contido.
Ata o de agora, podiades acceder ás miñas bibliotecas de xeito gratuíto, pero a plataforma está a implementar novas restricións que poden esixir unha subscrición activa para certas funcións de reprodución en dispositivos móbiles ou aplicacións específicas. É fundamental aclarar que este pago é unha subscrición directa a Plex (Plex Pass) e non ten nada que ver co mantemento do meu servidor en si, que segue sendo privado.
Neste caso non recibo ningún beneficio por estas cotas nin podo saltar as limitacións técnicas que a empresa impoña nas súas aplicacións. Recomendo que deixedes as vosas aplicacións actualizadas e que consultedes os plans de Plex se vos aparece algunha mensaxe de bloqueo ao intentar reproducir un vídeo.
Sinto moito as molestias que estas decisións alleas poidan causar na vosa experiencia.
E sobre todo, grazas pola vosa comprensión e por seguir desfrutando dos capítulos en galego!


Moi boas,
Encantadísimo con esta páxina. Gustaríame poder ter acceso ao PLEX.
Moita grazas!
Boas Antón!
Perfecto, actualmente teño todas as invitacións do Plex enviadas e actualmente non pode enviar máis, estou dando de alta outro servidor novo, poderíame enviar a dballengalego@gmail.com o teu nome de usuario e así para a semana envíoche un mail para que poidas acceder!
Quixera poder seguir vendo a Nanny. Grazas.
Boas Karina!
Creo que xa che contestei agora por correo 🙂
pero lémbroche que dende https://opetomaxico.com/a-nanny/ poderías seguir vendo,
Unha aperta!
Boas! Estaba encantada ca páxina e moi agradecida por atopar as tempadas da Nanny en galego despois de buscalas durante anos. Quedei na tempada 4. Non se vai poder seguir vendo?? Moitas grazas, un saúdo.
Boas Begoña! claro, a serie sigue dispoñible, podes acceder dende > https://opetomaxico.com/a-nanny/ e seguir vendo os capítulos 🙂
Se non das, xa me comentas.