Quero informarvos de que estou a realizar algúns cambios na web para mellorar a vosa experiencia. Polo de agora, as ligazóns de descarga directa a través de Mega e Torrent non se atopan dispoñibles por motivos de límites de descarga e erros no contido.
Actualmente, estou a centralizar todo o catálogo de anime en Google Drive, xa que considero que é a opción que mellor funciona para evitar limitacións de cota e ofrecer unha boa velocidade. Se atopades algunha ligazón antiga que aínda non apunte a Drive, tede un pouco de paciencia; estou a traballar arreo para actualizalo todo e que estea listo canto antes.
Grazas a todos e todas polas vosas mensaxes sempre e polo voso apoio a este pequeno proxecto!

