Teño unha grande nova que compartir con todos vós sobre a evolución da sección de “máis series”.
Ata o de agora, tiña todo o contido de Dragon Ball en galego mesturado nuna mesma web coa sección de “máis series” (onde atopabades a Doraemon, Shin-chan e outros debuxos). Porén, decidín que cada contido merece o seu propio espazo para medrar con máis forza e orde. Por iso, preséntovos oficialmente O Peto Máxico.
Este novo proxecto chega con outra personalidade: estreo un dominio propio, unha aparencia visual renovada e un logo distinto que simboliza ese “peto” cheo de sorpresas audiovisuais.
Con esta separación, quero que a experiencia de usuario sexa moito máis intuitiva, facilitando a busca dos vosos episodios favoritos sen mesturas innecesarias.
Mentres Dragon Ball seguirá o seu camiño en dballengalego.es, O Peto Máxico convértese dende hoxe no fogar oficial do resto da animación en galego.
¡Agardo que vos guste este novo deseño e que vos sexa máis cómodo de encontrar o que buscades!

